Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe restablece a circulación na vía do AVE a Galicia afectada polo incendio de Zamora

Renfe restablece a circulación na vía do AVE a Galicia afectada polo incendio de Zamora

1.800 pasaxeiros dos trens que enlazan Galicia e Madrid resultaron afectados

O servizo retómase progresivamente e con limitacións de velocidade

G24.gal 19/06/2022 14:38 Última actualización 19/06/2022 14:57

Ás 12:58 saía desde Ourense, puntual, o primeiro tren do día para Madrid. Renfe restablecía a circulación ás dez e media da mañá, pero o tren das once acumulou horas de atraso: "Funlle preguntar aí e ninguén di nada. Eu teño un billete para Alxeciras e 'busca ti a vida'", lamenta un usuario.

Na estación esperaban os pasaxeiros con billete para hoxe e algúns dos que onte quedaron en terra, para os que se reforzou a liña co dobre de vagóns. "Tiven que volver a Vigo e hoxe volver de novo aquí ás nove e dez a ver se me poden dar outro billete ou non", explica un dos afectados.

1.800 afectados

A falta de información é o que máis lamentan os pasaxeiros que onte tiveron que dar a volta desde Sanabria e que pasaron horas na estación de Ourense. Tamén critican a falta de alternativas. A maioría acabaron buscando eles mesmos unha solución, desde alugar un coche a compartir un taxi ou pasar a noite de hotel.

"Aquí non había maneira de falar con ninguén, nin hoteis, nin vías para ir por outro lado". "Xente que tiña que ir a Vigo e foi en taxi, e o taxi que nos trouxo hoxe dixo que fixera catro ou cinco viaxes a Madrid", detallan dous usuarios afectados.

O corte da vía polo incendio afectou 1.800 viaxeiros de cinco trens, catro de Galicia e Madrid, e unha á inversa.

"Moita xente maior, había nenos... que estiveron tirados moitas horas na estación. Sen contar toda a xente que estaba parada en Zamora, durante horas, cun calor infernal", explica Asunción Maus, enfermeira que alugou un coche para volver desde Madrid.

Operarios de ADIF xa comprobaron que a vía non resultou finalmente afectada polo lume, de maneira que Renfe irá retomando as frecuencias habituais, pero -aclaran- con limitacións de velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade