Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe reforza as conexións entre Galicia e Madrid para a ponte das Letras Galegas

Renfe reforza as conexións entre Galicia e Madrid para a ponte das Letras Galegas

Suma 2.000 prazas extra nos trens Alvia e AVE durante a ponte

G24.gal 13/05/2022 15:11

O martes 17 celébranse as Letras Galegas, e o luns 16 tamén é festivo en Madrid porque trasladaron o Santo Isidro, así que Renfe prevé un incremento do sete por cento no tráfico de pasaxeiros entre as dúas comunidades. 

Para facilitar a mobilidade dos viaxeiros, explica o operador ferroviario, amplía en 2.000 prazas a oferta nos trens Alvia e AVE que conectan Galicia e Madrid. En total, ofreceranse 28.500 prazas nestes cinco días de ponte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade