Renfe mantén suspendidos os trens a Vigo ata o martes
Renfe suspendeu a venda de billetes sen ofrecer alternativas, segundo informou o administrador de Infraestructuras de Adif
Si está operativo o servizo de alta velocidade entre A Coruña- Santiago de Compostela-Ourense
Renfe mantén suspendido o transporte ferroviario con orixe ou destino Vigo e retirou da venda de billetes os trens da fin de semana e tamén do lúns, sen ofrecer alternativas de viaxe por estrada, segundo vén de confirmar o Administrador de Adif.
Adif continúa argumentando a suspensión do servizo debido ás condicións meteorolóxicas adversas e a desprendementos na vía e anunciaba que non se restablecería ata que as fontes oficiais melloren as previsións xa que a operadora prioriza garantir a seguridade de viaxeiros e traballadores, segundo informaron fontes de Adif. Ese tamén é o argumento de Renfe.
"Aínda hai unha alta posibilidae de riscos repentinos que poden comprometer o estado da infraestructura", indicaron este sábado fontes de Renfe.
Nunha información remitida posteriormente aos medios de comunicación, a compañía confirmou que o servizo entre Vigo e Santiago e entre Vigo e Ourense mantense suprimido "debido ás condicións climatolóxicas e ao risco extremo de inundacións", sen especificar ata cando.
Si está operativo o servizo de alta velocidade entre A Coruña- Santiago de Compostela-Ourense.
Renfe non estableceu un plan alternativo de transporte por estrada e indicou que os viaxeiros "deben contratar medios alternativos alleos a Renfe para viaxar desde Pontevedra/Vigo a Ourense", pero si habilitou cambios e anulacións gratuítos.
Por agora, os billetes aparecen á venda para partir do martes día 10, aínda que o servizo ferroviario poderá verse afectado tamén pola folga convocada polos sindicatos do ferrocarril para os días 9, 10 e 11 de febreiro.
Ademais, na súa páxina web non permite a adquisición de novos billetes para o sábado e o domingo nas liñas afectadas.