Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta achegará un total de 500 millóns de euros ata o 2028 na mellora do Servizo de Axuda no Fogar

A Xunta achegará un total de 500 millóns de euros ata o 2028 na mellora do Servizo de Axuda no Fogar

En todos os municipios que decidan adherirse, irase elevando progresivamente o prezo desde os 16 euros por hora ata os 18 euros

O Porto do Son foi o primeiro municipio, xunto ao de Ponteareas, en solicitar formalmente o aumento da achega da Xunta, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro

 A Goberno galego inxectará no Porto do Son máis de 600.000 euros ata o ano 2028 no SAF

G24.gal 05/04/2026 21:23 Última actualización 05/04/2026 21:46

Tras o acordo asinado entre a Xunta e a FEGAMP na mellora do Servizo de Axuda no Fogar, o Goberno galego achegará ata o ano 2028 un total de 500 millóns de euros. Así, en todos os municipios que decidan adherirse irase elevando progresivamente o prezo desde os 16 euros por hora ata os 18 euros.

"Cando necesitan os coidados, esa atención, os maiores prefiren continuar vivindo nas súas propias casas e por iso a día de hoxe hai preto de 18.000 persoas maiores atendidas a través dest Servizo de Axuda no Fogar", destaca Fabiola García, conselleira de Política Social.

O Porto do Son foi o primeiro municipio xunto ao de Ponteareas en solicitar formalmente o aumento da achega da Xunta, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro. A Xunta inxectará no Porto do Son máis de 600.000 euros ata o ano 2028 no Servizo de Axuda no Fogar, recibindo en total algo máis de 2 millóns de euros.

"Nós no Porto do Son temos 120 usuarios de SAF (Servizo de Axuda no Fogar), en básica andamos polas 3.000 horas e o resto do SAF son 40.000 horas que estamos prestando á veciñanza do Porto do Son. Nós consignamos no presuposto case un millón de euros e esta axuda é moi moi importante", di  Luis Oujo, alcalde do Porto do Son.

A Xunta puxo tamén en marcha o Bono Coidado, que xa perciben preto de 40.000 persoas maiores dependentes que están a ser coidadas nas súas casas por familiares ou achegados.

"Imos seguir reclamándolle ao Goberno de España que cumpr a co Lei de Dependencia, que establece ese financiamento a partes iguais: 50 % o Estado, 50 % a comunidade autónoma. Nestes momentos tan só aporta un 32 %", engade Fabiola García.

A Conselleira de Política Social lembra que esa dédeba do Goberno central con Galicia ascende a 3.000 millóns de euros.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos