Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA atacan un barco por tentar romper o bloqueo a Irán

Os EUA atacan un barco por tentar romper o bloqueo a Irán

Washington asegura que emitiu máis de 20 advertencias antes de disparar contra a sala de máquinas

Dende o mes de abril, inutilizaron cinco buques comerciais e desviaron 116 para facer cumprir o cerco

Buques anclados no estreito de Ormuz vistos dende Omán. REUTERS Buques anclados no estreito de Ormuz vistos dende Omán. REUTERS
G24.gal 30/05/2026 21:56 Última actualización 30/05/2026 22:41

As forzas estadounidenses atacaron un buque que intentaba romper o bloqueo de Washington aos portos iranianos preto do estreito de Ormuz, segundo informa este sábado o Comando Central dos Estados Unidos (Centcom).

Tras identificar o barco M/V Lian Star navegando por augas internacionais "cara a un porto iraniano no golfo de Omán", emitiu "máis de 20 advertencias" e informoulle "que estaba a infrinxir o bloqueo estadounidense".

Tras ignorar os avisos, unha aeronave disparou contra a sala de máquinas do barco e deixouno "inutilizado".

"O barco deixou de navegar cara a Irán", afirmou o Centcom.

Segundo explica o comando, o navío transitaba con bandeira de conveniencia de Gambia, que permite o rexistro de barcos sen estar directamente vinculados co país.

Trump na Casa Branca nunha imaxe de arquivo. REUTERS/Evan Vucci Trump na Casa Branca nunha imaxe de arquivo. REUTERS/Evan Vucci

Inutilizados cinco buques

A República Islámica pechou Ormuz como represalia polos ataques dos Estados Unidos e Israel do pasado 28 de febreiro, que deron inicio ao conflito bélico. 

No mes de abril, os EUA impuxeron un cerco sobre os portos iranianos ante a negativa de Teherán a reabrir o paso. Dende entón, inutilizaron cinco buques comerciais e desviaron 116 para facer cumprir o bloqueo.

A reapertura do estreito é un dos puntos clave da negociación na que ambos os dous países se atopan inmersos para poñer fin á guerra, que xa se estende por máis de tres meses.

Washington esixiulle a Irán que retire as minas da vía e que non cobre peaxe. Trump chegou a dicir que non contempla un acordo que lle dea a Irán todo o control do estreito.

Pola súa banda, o país persa insiste en que a estratéxica ruta se atopa baixo o seu "control total".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar