Remonta vital do Deportivo Abanca para seguir na pelexa
Gañáronlle 3-1 o Pradejón para durmir a só un punto do líder Español
O Deportivo Abanca segue na pelexa polo ascenso a primeira división logo de remontar este mediodía un partido diante do Pradejón.
O equipo rioxano, que chegaba no antepenúltimo posto tomou vantaxe aos 17 minutos do primeiro tempo grazas e un excelente gol de Carmen Sobrón practicamente no seu primeiro achegamento de perigo e logo de dúas boas oportunidades de Jone Ibáñez.
Malia isto, o conxunto deportivista conseguiu igualar antes do descanso. Marcou Eva Dios no minuto 42.
A remontada confirmouse na segunda metade. Laura Fernández logrou o segundo para o equipo de Miguel Llorente. Xa no minuto 90, Alba Merino, que reparacecía logo de varios meses de lesión, lograba a porta baleira o terceiro gol.
O deportivo Abanca colócase de xeito provisional a un só punto do líder, o Español