Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remonta sen premio para o Noia Portus Apostoli

Remonta sen premio para o Noia Portus Apostoli

O equipo galego igualou o 0-2 inicial pero acabou perdendo ante o Levante

G24.gal 25/09/2022 11:33

O Noia Portus Apostoli estivo a piques de remontar o partido contra o Levante pero acabou perdendo por 2-3 e non puido ofrecerlles un triunfo a uns seareiros que ateigaron o pavillón noiés. 

Nos primeiros seis minutos o Levante demostroulle ao Noia a dureza desta liga e xa gañaba por 0-2 cos tantos de Pedro Toro e Jamur

Tocaba reaccionar e tardou en atopar o camiño do gol o equipo de Marlon Velasco, pero nun minuto de inspiración xa no segundo tempo os goles de Pirata e Neguinho deixaban todo aberto para o treito final.

Aí volveu a estar máis atinado o equipo do Levante, que acabou levando o triunfo cun gol de Rafa Usín a cinco minutos do final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos