O temporal dificulta o remolque a Vigo dun buque que quedou á deriva fronte a Portugal por unha avaría
O temporal dificulta o remolque a Vigo dun buque que quedou á deriva fronte a Portugal por unha avaría
Catro remolcadores traballaron conxuntamente para conseguir levar o barco ao porto de Vigo
O cargueiro General Eikborg, de bandeira neerlandesa, chegou na noite deste venres ata Vigo tras sufrir un fallo de temón ao saír de Figueira da Foz (Portugal) este luns.
A Capitanía do Porto de Figueira da Foz ordenou ao capitán do buque afastarse da costa, "xa que representaba un perigo para a navegación".
O barco foi remolcado ata o porto de Vigo, a onde chegou na noite deste venres, pero o temporal está dificultando moito o seu avance. O remolcador Ría de Vigo e o María de Maeztu achegáronse á posición actual do barco, a unhas tres millas fóra das Cíes, para axudar no remolque.
Capitanía Marítima dirixiu o rescate. Salvamento Marítimo coordinou e supervisou un operativo en curso para asistir o buque.
O SKANDI LIFTER, contratado pola propia armadora do barco avariado, mantivo o remolque e o TALAVERA reforzou a manobra, mentres o MARÍA DE MAEZTU, de Salvamento Marítimo, permaneceu en escolta.
A bordo do Eikborg ian seis persoas e unha carga de máis de tres toneladas.