Rematada a temporada do Baxi Ferrol, debullamos con Lino López o novo proxecto
O adestrador e director deportivo do club traballa en moitos cambios para a temporada que vén
Rematou a temporada, pero a Lino López o baloncesto segue consumíndolle as horas.
É o adestrador pero tamén o director deportivo do Baxi Ferrol. E intenta construír un novo proxecto, tras a mellor temporada da historia do club. Novo porque é difícil mantelo.
Ata agora só aceptou seguir Gala Mestres e foi presentada xa como nova capitá, porque dan por feita a marcha de Angela Mataix, igual que a checa Pospisilova, que por redes sociais anunciou que busca novos retos. Na pescuda do mercado tamén está Lino.
Porque alén de criterios deportivos, o ferrolán busca algo máis.
Por iso cando atopa as xogadoras que casan coa súa idea, teima no obxectivo.
Tras unha extrarodinaria temporada, a irlandesa dificilmente seguirá no Eurobaxi. Pero o capítulo de renovarse e renacer xa o coñecen ben na Malata. Alí onde o presuposto non acada aos grandes clubs, pero en afección queren manter o nivel elite deste ano. Xa superan os 800 socios en 3 días de campaña.