Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reivindican o papel dos psicólogos especializados en situacións de emerxencia

Reivindican o papel dos psicólogos especializados en situacións de emerxencia

Desde o Colexio de Psicoloxía reclaman que haxa profesionais deste ámbito tamén nos postos de mando avanzado onde se toman as decisións

G24.gal 04/05/2024 21:08 Última actualización 04/05/2024 22:00

Un total de 80 profesionais da psicoloxía forman parte en Galicia do Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias. Son situacións traumáticas en que se require unha formación especializada.

Din que tras unha catástrofe é fundamental que se atenda non só os familiares das vítimas directas, senón tamén a comunidade onde se produce e os propios equipos de emerxencia.

"É necesaria a intervención psicolóxica tamén para os equipos que están atendendo a emerxencia, como bombeiros ou Protección civil. Vímolo no caso do Alvia, onde foi fundamental. Os profesionais que están intervindo tamén o necesitan", explica Rosa Álvarez, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Desde o Colexio de Psicoloxía reclaman que haxa profesionais deste ámbito nas unidades de emerxencia e tamén nos postos de mando avanzado onde se toman as decisións.

"Ten que haber máis psicólogos nos equipos á marxe de que haxa voluntarios, pero os psicólogos deberían estar  contratados en tódolos equipos", asegura María Paz García, Catedrática de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid.

"Con isto que lles demandamos ás administracións? Que non pode estar da man dos Colexios profesionais que pensen a importancia de que haxa psicólogos e psicólogas nos equipos de emerxencia, teñen que darse de conta as administracións, e temos que estar tamén nos postos de mando avanzados", explica Rosa Álvarez, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Uns 400 profesionais da psicoloxía participaron no primeiro Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias que se celebrou desde o xoves pasado en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade