Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresa a Feira do Moble de Galicia, que reúne na Estrada 50 expositores

Regresa a Feira do Moble de Galicia, que reúne na Estrada 50 expositores

Agárdase que 12.000 persoas a visiten desde hoxe ao domingo

G24.gal 15/09/2022 14:58

Sofás que recuperan a forma ao levantarse, colchóns con frío para non perder o sono nas noites de verán, camas para que descansen os nenos e tamén os avós. Na Feira do Moble de Galicia descubrimos as últimas tendencias e tamén os grandes clásicos para equipar o fogar ao mellor prezo.

"Facemos descontos, prezos de feira porque hai máis vendas, se tardan moito en decidirse e pasar pola tenda alí non os podemos facer", explica César Barbosa, de mobles Artest da Estrada.

50 expositores galegos e portugueses enchen o recinto feiral da Estrada con mobles para todos os gustos. Desde os sofás de anticuario aos que fan masaxes, a oferta é ampla e o público diverso.

E con tanto moble acumularase po, pero aquí podemos comprar aspiradoras que purifican o aire e tamén electrodomésticos que, por ter pequenas taras, están á metade de prezo.

"Esta neveira ten un pequeno golpiño, no mercado custaría 1.200 euros e aquí témola a 690 euros pola tara", di Roberto Basteiro, de electrodomésticos Frigohogar.

A entrada é hoxe de balde e custa 2 euros desde mañá ao domingo. Agárdase que por aquí pasen unhas 12.000 persoas, cifra acadada na última edición de 2019.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade