Publicador de contidos

Publicador de contidos

CCOO e UXT esixen a tramitación inmediata da lei de redución de xornada

CCOO e UXT esixen a tramitación inmediata da lei de redución de xornada

Pepe Álvarez anuncia posibles mobilizacións este mesmo mes

As dúas centrais sindicais emprazan aos grupos parlamentarios a retiraren as emendas á totalidade logo de que o Ministerio de Traballo anunciase o aprazamento do debate para dar máis tempo á negociación

Manifestación en Madrid do 1 de Maio pasado, na que a redución da xornada foi unha das principais reivindicacións (Europa Press / Fernando Sánchez) Manifestación en Madrid do 1 de Maio pasado, na que a redución da xornada foi unha das principais reivindicacións (Europa Press / Fernando Sánchez)
G24.gal 16/07/2025 08:04

Os sindicatos UXT e CCOO esixiron esta noite a tramitación inmediata da lei de redución de xornada laboral, cuxo debate o Ministerio de Traballo decidiu aprazar ata o próximo período de sesións parlamentarias.

"Ambos os sindicatos emprazan aos grupos parlamentarios a retiraren as emendas á totalidade para que o Parlamento debata unha medida anhelada pola inmensa maioría da sociedade", sinalan as dúas centrais sindicais nun comunicado conxunto.

"A lei de redución de xornada non só recoñece o dereito ao descanso e á conciliación da vida persoal e laboral, senón que impulsa unha repartición máis xusta do tempo de traballo e dos beneficios xerados", aseguran CCOO e UXT.

Estes sindicatos consideran que "o atraso non xustificado do trámite da lei está a ter efectos directos no mundo do traballo, privando dun dereito á maioría das persoas traballadoras e sobre todo ás máis vulnerables, que sofren a precariedade de longas xornadas non retribuídas e contratos a tempo parcial involuntario, o cal afecta máis intensamente ás mulleres".

O máximo responsable de UXT, Pepe Álvarez, avanza posibles moblizacións.

O Ministerio de Traballo decidiu aprazar ata o próximo período de sesións o debate parlamentario sobre o proxecto de lei de redución da xornada laboral, co que dá así máis tempo á negociación con Junts per Catalunya, que presentou unha emenda á totalidade.

Segundo un comunicado do departamento que lidera Yolanda Díaz, decidiuse dar máis tempo aos traballos cos grupos parlamentarios para que se poida superar a fase de totalidade no próximo período de sesións.

O debate estaba previsto para o próximo 22 de xullo, pero, apuntan fontes de Traballo, o momento político non é o adecuado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade