Publicador de contidos

Publicador de contidos

Refuxios de animais, cheos tras os abandonos do verán

Refuxios de animais, cheos tras os abandonos do verán

É época de cría polo que a maior parte dos abandonos son de camadas de cans ou gatos

As protectoras de animais fan unha chamada á adopción responsable

G24.gal 11/09/2025 14:22

No refuxio da Medela, no Carballiño, coidan neste intre máis 60 cans, pero case outros tantos animais, entre cans e gatos, están acollidos pola protectora Arume. A súa presidenta, Beatriz Míguez, alerta sobre o incremento de abandonos durante o verán.

Destaca que se dispara, sobre todo, polas camadas non desexadas de cans ou gatos, especialmente os de colonias felinas non controladas. Unha situación que podería atallarse, insisten, cumprindo a lei e esterilizando os animais.

Pero non son os únicos que acaban na rúa no verán, tamén hai cans adultos aos que seus donos xa non poden coidar por idade ou por ingresar nunha residencia e dos que os familiares se desentenden. Tampouco faltan, aínda que, segundo as protectoras, aquí son menos, os que se converten nun estorbo ao chegar as vacacións.

En España abandónanse cada ano aor redor de 300.000 cans e gatos, a cifra máis alta concéntrase no verán. Somos o país de Europa con máis abandonos nestas datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade