Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta repartirá 34.000 quilos de palla e cereais para a fauna silvestre afectada polo lume

A Xunta repartirá 34.000 quilos de palla e cereais para a fauna silvestre afectada polo lume

Nos lugares de difícil acceso esta repartición farase coa axuda de helicópteros

G24.gal 05/09/2025 14:48

A Xunta de Galicia empezou a repartir 34.000 quilos de palla e cereais para alimentar á fauna silvestre das zonas afectadas polos incendios forestais con equipos no terreo, pero tamén con helicópteros nas zonas de difícil acceso.

Así o explicou este venres a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita a Beade onde xa se están realizando estas reparticións de alimento que chegarán a outras zonas que sufriron os incendios.

"Esta repartición tanto de cereal como de sales e palla vai realizar tamén en Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, A Mezquita, Avión, Maceda, Vilardevós, é dicir, nesas zonas de máxima afección onde temos control da nosa fauna silvestre e onde lles temos que facer as achegas necesarios", sinalou.

O dispositivo vai distribuír 31.000 quilos de palla e 3.000 de cereais nas áreas onde os animais puidéronse resgardar ao conservar vexetación, concretamente nas masas de frondosas autóctonas presentes nos vales e ladeiras de orientación norte.

Esta repartición é realizado de maneira coordinada polo persoal de Medio Ambiente, pero en zonas moi elevadas ou agrestes onde o acceso é complicado ou perigoso farase a través do que se denomina helimulching, é dicir, o lanzamento desde helicópteros.

Por medios aéreos distribuiranse 24.000 quilos de palla en fardos que incluirán pedras de sal para complementar as necesidades dos animais afectados, e outros 7.000 quilos de palla e 3.000 quilos de cereais de forma manual por terra, en fardos de menor tamaño.

Vázquez referiu que é importante achegar alimento á fauna silvestre para protexer a biodiversidade e ademais evitar que se acheguen ás explotacións agrícolas ou gandeiras en busca da comida que non atopan no monte.

Tamén porque os animais, sobre todo herbívoros e aves, están a refuxiarse nas zonas húmidas e ao estar en espazos moi reducidos quedan máis expostos a "as grandes animalias", sinalou a conselleira, que engadiu que aínda que o monte se irá rexenerando e empezou a chover, "os rebrotes aínda van tardar en saír". Estas primeiras actuacións poderán ampliarse no futuro se fose necesario.

Aos centros de recuperación da Xunta chegaron "poucos animais" tras os incendios, pero "está claro que ten que haber afección no territorio en si", dixo a conselleira, que instou a que todos os traballos no monte se fagan coordinados e guiados polos técnicos.

Ademais da fauna silvestre, tamén se está traballando na instalación de reténs para evitar o arrastre de cinzas a ríos e encoros e na consolidación dos solos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade