Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reforman o piso dunha veciña da Coruña e pídenlle 30.000 euros para marchar del

Reforman o piso dunha veciña da Coruña e pídenlle 30.000 euros para marchar del

A propietaria é unha muller de Lugo que encargou aos veciños a reforma do seu piso da Coruña

Interpuxo unha demanda de desafiuzamento despois de anos sen poder gozar da casa

 

G24.gal 23/02/2024 14:18

O piso, situado a poucos metros do hospital da Coruña, é a residencia vacacional da propietaria, pero leva anos sen poder pisalo. Despois dunhas reformas que comezaron no 2005, accedeu a que uns veciños do edificio remataran os traballos. Pasou tempo sen visitar a casa por motivos de saúde e cando regresou estaba ocupado.

"Os traballos foron demorándose e a relación complicándose. Chegado un punto, eles instaláronse na vivenda, hai anos, e esixen unha contraprestación económica que xa se lle foi aboando a eles e a todos os profesionais que interviñeron", di Raúl Pérez, o avogado da dona do piso.

A muller, residente en Lugo, leva anos tentando recuperar a vivenda sen éxito. Segundo relata o seu actual avogado, os veciños que o ocuparon piden 30.000 euros para marchar. Unha chantaxe, din, que non están dispostos a aceptar.

"Esixen 30.000 euros por unha suposta débeda, inicialmente consideraban que o importe era 15.000 agora 30.000, para abandonar a vivenda. Desde logo non estamos dispostos a aboar ningunha cantidade. Aínda que existira a débeda, que non existe, non lles dá dereito a ocupar unha casa e esixir unha contraprestación económica para devoverlla á súa lexítima dona", explica o avogado.

Despois de intentos improdutivos por vías extraxudiciais, nos que chegou a ser demandada polos propios ocupantes, a propietaria interpuxo agora unha demanda de desafiuzamento. Agarda que se resolva o antes posible e lle permita desfrutar de novo da súa propiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade