Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parque coruñés de Bens arde por segunda vez en menos dunha semana

O parque coruñés de Bens arde por segunda vez en menos dunha semana

Afectou unha superficie duns 3.000 metros cadrados

G24.gal 24/09/2026 13:10

A noite deste xoves volveu arder o parque de Bens na Coruña. É o segundo incendio que se rexistra na zona en apenas unha semana.

Ata alí desprazáronse varias unidades de bombeiros para traballar na extinción deste foco, que afectou unha superficie aproximada de 3.000 metros cadrados.

É o segundo incendio en menos dunha semana e o cuarto en apenas dous meses. A frecuencia destes episodios nas inmediacións da planta de Nostián e tamén do parque de Bens pon de relevo a vulnerabilidade desta parte da cidade da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade