Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recoñecen como produto excelente un paté de porco celta feito en Cenlle

Recoñecen como produto excelente un paté de porco celta feito en Cenlle

Ten moito ferro e non leva colorantes nin conservantes

G24.gal 21/06/2023 21:46

Un paté elaborado en Cenlle acaba de ser recoñecido como Produto Excelente nos premios galegos de alimentación.

"É un paté que xorde da necesidade de aproveitamento do porco celta do que ata agora non aproveitabamos, que era o fígado, moi rico en ferro, porque estes animais de entre doce e catorce meses que comen de xeito natural, ao aire libre, pastan da terra e por iso teñen un fígado con propiedades en ferro moi elevadas", di Martín Touceda, agricultor e produtor de porco celta.

E a iso engádenlle ademais a oportunidade de colaborar con outros produtores.

"Neste caso colaboramos cunha adega do Ribeiro, Rexurdir, que nos aporta un viño branco fresco, un treixadura. E por outro lado con Terras de Boborás co seu mel de IXP galega de "Doce Bágoa" achéganos o dulzor e o frescor do mel, que nos permite rebaixar o sabor intenso  do fígado do porco celta", explica Touceda.

O resultado, din, é o dun paté moi diferente ao resto: aromático, moi cremoso, sen colorantes nin conservantes e que, aseguran, mesmo chega a gustar aos cativos. 

"O que queremos é destacar sobre todo que os produtores pequenos tamén poden facer cousas importantes e sobre todo produtos de calidade", di Touceda.

A de Osmo no concello ourensán de Cenlle é unha das 140 explotacións de porco celta que hai en Galicia.

Este galardón que acaban de recibir recoñece a calidade dun produto que malia levar poucos meses no mercado xa vai facendo o seu propio camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar