Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña fai fillos adoptivos os seus heroes

A Coruña fai fillos adoptivos os seus heroes

Os senegaleses que axudaron a Samuel Luiz e os policías que morreron na traxedia do Orzán hai 10 anos

G24.gal 10/03/2022 13:16

A corporación municipal da Coruña aprobou a designación de Ibrahima Diack e Magatte N' Diaye como fillos adoptivos da cidade. Foi en agradecemento á súa intervención para tratar de salvar a vida de Samuel Luiz, o mozo asasinado o 3 de xullo do ano pasado dunha brutal malleira.

Ninguén esqueceu o tráxico suceso que tivo lugar no paseo marítimo coruñés aquela madrugada e a Comisión de Honras e Distincións do Concello valorou o exemplo de solidariedade dos dous mozos senegaleses ante unha persoa descoñecida para eles. Un acto de civismo e responsabilidade que, pese ao desenlace final, é de lei recoñecer.

Tamén foron recoñecidos no mesmo pleno os tres membros da Policía Nacional que faleceron en augas coruñesas tratando de salvar a Tomas Velicky hai xa 10 anos e que contan cun monumento de lembranza xunto á Coraza que separa as praias de Riazor e Orzán.

Os axentes que trataron de evitar aquel fatal desenlace e perderon a vida recibiron a distinción de fillo predilecto, no caso do coruñés Javier López, e fillos adoptivos, nos casos de Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor. Unha homenaxe a título póstumo que tamén busca poñer en valor a xenerosidade dos falecidos, exemplo de entrega absoluta á cidade máis aló do servizo público que prestaban.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade