Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eustaquio continúa pastoreando ovellas aos seus 104 anos

Eustaquio continúa pastoreando ovellas aos seus 104 anos

Eustaquio Pérez, hoxe de aniversario, érguese ás cinco da mañá para levar as ovellas ao monte

Non toma medicación e móvese con axilidade entre toxos e fentos

É veciño de Quintela de Leirado, comarca de Celanova, a terra dos centenarios

Eustaquio gabeando por unha árbore caída
G24.gal 04/09/2025 14:43

"Se naciches no 21 e estamos no 2024, cantos son? 104, penso eu", respóndelle Eustaquio ao seu neto Pablo. Pensa ben. Cento catro anos son os que fai e celebrouno, ata agora, coma calquera outro día.

"Sabes o que ando facendo? arranxando o rego, que mo estragan os xabarís", lamenta.

O oído é o único que lle falla. Non precisa medicación e érguese antes ca o sol.

"Ás cinco como máximo, catro, catro e media... ou ás veces, coma hoxe, ás seis. Pero tamén me deito segundo o corpo me pide. Eu ao corpo doulle aquilo que precisa, máis nada", di, sabiamente.

Coma o 70 por cento da poboación de Quintela de Leirado, Eustaquio estivo emigrado en Guinea, cando era colonia española. "E aprendín a linguaxe de alí, o pichinglis", asegura.

O seu neto foi quen nos axudou a dar con el no monte. Eustaquio e a súa muller viven sós, pero reciben visitas frecuentes de fillos, netos e bisnetos.

Pablo Pérez, neto de Eustaquio: "Un marcha de onda el e a miña avoa con moita paz mental, porque leva unha vida moi tranquila e humilde"..

E así ten pensado seguir, para celebrar de novo o ano que vén.

"Son feliz e vivo felizmente, á miña maneira. A ver se conto o ano que entra con saúde", conclúe Eustaquio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade