Recollen sinaturas para que se reduza a velocidade na castrexa avenida de Cospeito
Na vía, que conecta Castro de Ribeiras de Lea coa Feira do Monte, rexistráronse nos últimos anos diversos accidentes de gravidade
A avenida de Cospeito, en Castro de Ribeiras de Lea, é unha recta de dous quilómetros cunha alta sinistralidade. Nos últimos anos, rexistráronse diversos accidentes graves, incluso con vítimas mortais. De feito, hai varias semanas un veciño estivo a piques de perder a vida diante mesmo da súa vivenda.
Á beira da avenida residen medio cento de veciños, que están a recoller sinaturas para que se reduza a velocidade máxima permitida. No escrito, reclámanlle á Deputación de Lugo que tome medidas, que pasan por colocar sinais, instalar bandas ou construír beirarrúas.
Pola súa parte, dende o Concello de Castro de Rei sinalan que levan máis dunha década solicitando unha mellora da seguridade nesta vía que conecta Castro coa Feira do Monte.