Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman que a traída chegue ás casas da Millarada, en Cospeito

Reclaman que a traída chegue ás casas da Millarada, en Cospeito

Ao contrario ca no resto da parroquia de Pino, os afectados non dispoñen deste servizo

Félix Aragunde 24/02/2023 14:02 Última actualización 24/02/2023 14:33

Ao contrario ca no resto da parroquia de Pino, en Cospeito, no lugar da Millarada a traída municipal non chega aínda a todas as casas. Como resultado, as familias afectadas encóntranse a expensas de que os pozos non sequen para poder dispoñer de auga nos seus fogares.

Para poderen dispoñer deste servizo, os residentes na Millarada remitíronlle ao Concello varios escritos de reclamación. Ademais, quéixanse de que a traída si chega a outras casas que se encontran a apenas cen metros de distancia.

Pola súa parte, dende o Concello de Cospeito sinalan que os interesados deberán solicitar a traída individualmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade