Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman a ampliación integral da pista de San Martín das Cañadas

Reclaman a ampliación integral da pista de San Martín das Cañadas

Varias edificacións que invaden a vía pública impiden que poida ser ensanchada

Félix Aragunde 27/09/2023 13:43

Os veciños de San Martín das Cañadas levaban anos reclamando a ampliación da pista que comunica esta aldea da parroquia cervantega do Mosteiro. Debido a un alpendre e a varios muros que invaden o camiño, non poden pasar os vehículos de maior anchura, coma as ambulancias.

A estrada está agora a ser ampliada, pero as obras só se están acometer nos accesos e non no medio da aldea. Os afectados reclaman, por tanto, que se ensanche o camiño en todo o seu percorrido, que é de apenas medio quilómetro.

Segundo o Concello de Cervantes, o proxecto contempla acondicionar toda a pista. Se é necesario, polo tanto, acabarase por expropiar as edificacións que invaden a vía pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar