Cargando resultados...
Reciben a alta catro dos feridos no incendio dunha casa en Monforte
Outras dúas persoas seguen na unidade de queimados do hospital da Coruña
No incendio faleceu un home de 52 anos
G24.gal
27/12/2021 14:33
Un día despois, Monforte segue conmocionado con este suceso que acabou en traxedia para unha familia da vila.
Catro dos feridos eran dados de alta esta mañá no hospital comarcal. Preocupan as duas persoas que seguen na unidade de queimados da Coruña. A menos afectada foi unha pequena de 13 anos que tras escapar do lume por un balcón só ten lesións nun pé.
As primeiras investigacións apuntan a que o lume se iniciou nun aparello eléctrico, unha estufa ou un fornelo.
O Concello avanzou que se pon á disposición da familia un hotel para ser realoxados se así o precisan.