Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabren as termas públicas de Ourense tras máis de dous anos de peche pola pandemia

Reabren as termas públicas de Ourense tras máis de dous anos de peche pola pandemia

Os veciños e usuarios celebran esta reapertura, xa demandada dende hai meses

G24.gal 21/10/2022 16:31

As termas públicas de Ourense tiveron que pechar por mor da pandemia no ano 2020. Dous anos e oito meses despois poden reabrir as súas instalacións, tanto as do Muíño da Veiga, como as da Chavasqueira.

Abren de xeito ininterrompido de dez da mañá a oito da tarde, cunha capacidade para 150 persoas que poden gozar destas instalacións durante noventa minutos.

Os usuarios celebran esta reapertura das termas, din que levaban moito tempo agardando este momento. As termas son ademais un dos principais reclamos turísticos da cidade de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade