Ratifican a prisión provisional para o home que lle prendeu lume á exparella
Ratifican a prisión provisional para o home que lle prendeu lume á exparella
O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ratificou este xoves a prisión provisional para Borja R. R., detido a pasada fin de semana acusado de asperxer con gasolina a súa exparella e prenderlle lume ás portas da súa vivenda.
O Xulgado de Instrución 1 de Vigo decretou o pasado domingo o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza do detido, investigado por un delito de asasinato en grao de tentativa.
Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do sábado, na parroquia de Valadares. O home chegou a enfrontarse cos axentes de policía que o detiveron.
A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.
O home chegou a enfrontarse cos axentes de policía que o detiveron.