Publicador de contidos

Publicador de contidos

Radio Galega medra un 19 % e é a emisora que máis crece en Galicia

Radio Galega medra un 19 % e é a emisora que máis crece en Galicia

Os datos do EXM sinalan que Radio Galega acada 118.000 oíntes diarios,  un 19 % máis que na mesma onda do ano anterior de luns a venres

Radio Galega Música tamén experimenta unha forte suba do 90 % con respecto á mesma onda de 2024 e sitúase nos 19.000 oíntes

O conxunto de emisoras públicas alcanza os 137.000 oíntes, o que supón  un incremento do 26 % con respecto á mesma onda do ano anterior

A Radio Galega segue a liderar entre as emisoras públicas en Galicia, duplicando amplamente a audiencia de RNE (45.000)

G24.gal 22/04/2025 08:14 Última actualización 22/04/2025 13:22

A Radio Galega reforza o seu papel como emisora pública de referencia en Galicia tras os resultados da primeira onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) de 2025, publicada este martes. A emisora pública galega acada 118.000 oíntes diarios de luns a venres, o que supón un incremento do 19 % respecto á mesma onda do ano anterior.

Este aumento convértese na maior suba porcentual entre todas as emisoras xeralistas que operan en Galicia con respecto ao mesmo período do ano pasado, e todo isto nun contexto de descenso das cifras de audiencia  da radio xeralista en ámbito Galicia.

O Pensando en ti mantense como líder indiscutible das madrugadas de luns a domingo con 21.000 oíntes cada día, mentres que o Galicia en goles, o programa deportivo decano da radio, lidera a súa franxa de emisión con 86.000 oíntes os domingos. 

Cun 15% de share, a Radio Galega sitúase nesta primeira onda do Estudo Xeral de Medios como a segunda emisora con maior consumo só por detrás da SER. Se ben a emisora pública de Galicia conta coa audiencia máis fiel do conxunto de radios xeralistas. Cada oínte da Radio Galega escoita de media 147 minutos ao día por diante de Esradio ( 146), Ser ( 144), Cope (117), Onda Cero (116) e RNE ( 95)

Tamén Radio Galega Música experimenta unha evolución moi positiva, con 19.000 oíntes diarios, incrementando un 90 % a súa audiencia de hai un ano. O conxunto de emisoras da Radio Galega suma 137.000 oíntes de luns a venres e 129.000 no global da semana, o que representa un notable incremento respecto á mesma onda do ano anterior: un 25,69 % máis de luns a venres (con 28.000 novos oíntes) e un 14,16% máis no total da semana (con 16.000 novos oíntes).

Estes algoritmos fan que a Radio Galega sexa de novo a emisora pública líder en Galicia, duplicando amplamente os datos de RNE (45.000). A Radio Galega tamén é a radio pública líder en canto a share, cun 15%, e a segunda con mellores datos de todas as canles que operan en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade