Quintana advirte a Europa dos riscos da eliminación das bonificación ao combustible para a frota galega
Quintana advirte a Europa dos riscos da eliminación das bonificación ao combustible para a frota galega
Alerta de que Galicia perdería parte da frota, emprego e riqueza
A frota galega manifestou a súa preocupación pola intención da Organización Mundial do Comercio de eliminar as bonificacións ao combustible. No intento do Goberno galego de frear esta medida, a conselleira do Mar viaxou hoxe a Xenebra para advertir dos riscos que suporía para o sector en Galicia.
Rosa Quintana explicou en Europa o impacto que tería esta medida para a frota galega e acredítao cun informe elaborado por expertos en economía pesqueira. Alerta o estudo de que coa retirada das exencións fiscais aos carburantes, Galicia perdería parte da frota, emprego e riqueza xa que se poría en risco a rendibilidade do sector.