Cargando resultados...
Quince minutos funestos condenan o Arousa
Derrota por 3-0 no campo dun Llanera que acertou nos tres primeiros achegamentos
G24.gal
06/02/2022 20:02
O Arousa perdeu por 3-0 no campo do Llanera. Os tres goles encaixounos nos primeiros catorce minutos nun inicio de partido nefasto para os intereses vilagarciáns.
Mundaka (6'), Amadou (8') e Matías Fernández (14') marcaron os goles asturianos. O Arousa reaccionou tarde, levou o peso do partido e gozou de boas ocasións pero non conseguiu reducir diferenzas.