Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas veciñais polas inundacións constantes dun aparcadoiro de Vilagarcía

Queixas veciñais polas inundacións constantes dun aparcadoiro de Vilagarcía

Os veciños sinalan defectos no deseño das últimas obras de acondicionamento da zona

G24.gal 03/01/2023 14:03

Veciños de Vilagarcía denuncian as inundacións constantes nun aparcadoiro do centro da vila. Nos últimos días coa intensa chuvia semellaba máis unha piscina ca un lugar de estacionamento de vehículos.

É na avenida Rodrigo de Mendoza, a carón do recinto feiral de Vilagarcía. Os veciños están fartos de que en canto chove con intensidade se inunde todo e ter que mollarse para coller os coches. A auga acada unha altura considerable e mesmo entra nos vehículos.

A cousa, denuncian, foi a máis dende que o Concello asfaltou unha zona do aparcadoiro que dende entón acumula máis auga ca nunca e converte o lugar nunha pequena lagoa. Os aliviadoiros non conseguen evacuar a auga que queda estancada. Dende a asociación de veciños falan de defectos de forma nas últimas obras de acondicionamento. 

Os veciños solicitan un informe sobre os erros da obra e consideran que é urxente, aínda que recoñecen que hai que dar unha marxe ao Concello que polo momento non se pronunciou sobre a reclamación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade