Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas polo funcionamento e estado da liña férrea Ferrol-Ribadeo

Queixas polo funcionamento e estado da liña férrea Ferrol-Ribadeo

Os usuarios protestan pola escaseza de frecuencias e as demoras dos trens

A supresión de viaxes afecta o turismo e o comercio 

G24.gal 09/10/2023 13:54

Unha vez máis, os usuarios do tren Ferrol-Ribadeo teñen que ser trasladados en autocar. Desta volta foi por unha avaría no tren, pero outras veces é por deficiencias na vía ou por falta de persoal. Así, os usuarios rexeitan cada vez máis o tren. Os empresarios de Ribadeo ven con preocupación a situación actual e reclaman un servizo axeitado.

Hai máis de 20 anos que se proxectou o AVE de Ferrol a Bilbao, pero ata o de agora non houbo ningún avance. Peor aínda, nos últimos anos canceláronse unha media de 500 viaxes anuais por diferentes deficiencias e problemas nas instalacións ferroviarias e vehículos. Outro problema son as numerosas paradas que fan que o traxecto entre Ferrol e Ribadeo poida levar ata sete horas.

Os hostaleiros e comerciantes da Mariña sinalan que o turismo se está a ver afectado polos problemas no ferrocarril. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade