Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas en Monforte pola perigosidade dun dos pasos a nivel da vila

Queixas en Monforte pola perigosidade dun dos pasos a nivel da vila

Os veciños levan 40 anos pedindo máis seguridade no paso a nivel da Florida, situado a escasos metros da estación do tren, que é un dos máis perigosos

Houbo xa numerosos atropelos, o último o pasado domingo, cando un veciño recibiu o impacto dun tren de mercadorías cando cruzaba o paso e está na UCI

G24.gal 13/01/2026 14:09

O tren circulaba a moi pouca velocidade e ao ver o peón freou, pero aínda bateu contra o home. É o relato do último accidente no paso a nivel da Florida en Monforte. Dos seis que atravesan a vila, este, din os veciños, é o máis perigoso.

"É perigoso, a xente fíase, mira, ve que aínda non ven o tren e pasa, e agora coa reforma da vía o tren ven máis silencioso", explica Mila Fernández, da Asociación de Veciños do barrio da Florida.

Neste paso conflúen cinco rúas. Houbo xa numerosos atropelos, algúns mortais. Os veciños levan máis de 40 anos reclamando que se mellore a seguridade na zona. 

 "En xullo houbo un accidente mortal, e o último accidente foi o domingo", di un home, e outro engade: "Teñen que poñer un paso elevado ou algo así porque hai moitos accidentes".

O paso conta con sinalización luminosa e sonora, hai semáforos, pero ademais os veciños piden barreiras para os peóns.

 "Unha baliza coma a que frea aos coches, porque así a xente pararía", comenta Mila Fernández.

Está en marcha a modernización da liña pero non se contemplan a eliminación deste paso pola súa complexidade técnica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade