Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dun edificio do Carballiño levan desde maio sen calefacción nin ascensor

Veciños dun edificio do Carballiño levan desde maio sen calefacción nin ascensor

Demandan unha solución á avaría que provocou a rotura dunha tubaxe municipal

G24.gal 12/12/2022 14:03

Os veciños do edificio Castelao, no Carballiño, están fartos. Sofren aínda hoxe as consecuencias dun asolagamento que se produciu nos garaxes por mor da rotura dunha tubaxe municipal no mes de maio.

A auga entrou nos garaxes e quedaron totalmente anegados os dous sotos, tamén a caldeira, o depósito do gasóleo e o cadro de contadores. Non teñen calefacción e o ascensor non funciona porque nunca se chegaron a arranxar os danos. No edificio viven moitos maiores e persoas enfermas que piden unha solución urxente a Viaqua e tamén ao Concello. 

Aseguran que así non poden vivir, que pagan os impostos como o resto de veciños e que merecen ser escoitados. Nos últimos días encheron o edificio de pancartas para facer visible a súa protesta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade