Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queitano, o porco duroc que abrirá o desfile do cocido en Lalín

Queitano, o porco duroc que abrirá o desfile do cocido en Lalín

O seu criador, Manuel, está a pasealo estes días pola vila para que se vaia afacendo ao ambiente urbano

Queitano guiado polo seu criador, Manuel, este xoves pola zona urbana de Lalín
G24.gal 21/04/2022 13:47

O desfile do Cocido de Lalín vai ter este ano un participante novo. Queitano, un porco duroc que anda camiño de converterse en todo un pioneiro na feira de Lalín que leva xa máis de cincuenta edicións. Será protagonista auténtico, vivo, do evento programado para o domingo: o desfile do cocido.

Manuel Dovalo, criador do porco Queitano, di que é un macho moi manso e anda a dar un paseo con el. Engade que o alcalde quere que abra o desfile deste domingo e que o vai levar.

Ante as fozadas que lle metía Queitano á herba do xardín e o protestón que se poñía por momentos Manuel reprendíao ao tempo que xustificaba a súa acción en que aínda non almorzara o animal e xa lle eran horas.

"Hai que darlle a comida con moito cariño e saber darlla, porque este come mesmo dándolla á man". Tamén conta que este porco de momento non ten previsto o seu sanmartiño. "Se se porta ben, ímolo deixar", precisa Manuel.

E coa mesma foise con Queitano para seguir preparándoo e que dea tamén os seus andares no día grande do Cocido e así dalo todo na feira en que o porco é fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade