Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Plan de prevención de incendios prevé realizar 244 queimas controladas nesta campaña

O Plan de prevención de incendios prevé realizar 244 queimas controladas nesta campaña

Son incendios planificados que se realizan en zonas estratéxicas, polo seu valor ambiental ou polo risco de lume

Tamén serven para adestramento dos equipos de extinción

G24.gal 21/04/2026 13:55 Última actualización 21/04/2026 14:31

O parque natural do Invernadeiro foi un dos espazos con alto valor ecolóxico afectado polos grandes incendios do verán pasado. Ata alí chegou o lume que se iniciara en Chandrexa. Cunha queima controlada pretenden facer unha franxa de protección.

"Esta zona é unha zona de fácil acceso nos incendios. Collen moita forza cara á área perimetral do Invernadeiro, que é unha zona que intentamos protexer", explica Marta Prieto, enxeñeira forestal do Distrito XIV.

Nesta queima controlada na serra do Invernadeiro traballan arredor de medio cento de efectivos, da BRIF de Laza e do Medio Rural. Traballan en dous sectores diferenciados para evitar que o lume se descontrole.

Para facer a queima teñen que darse as condicións axeitadas, tanto meteorolóxicas como topográficas. Sobre o terreo, controlan o perímetro do lume e a forza do vento.

"Se, por exemplo, estivese a queima preparada e chegásemos aquí e houbese moitos refachos de vento, habería que suspender e todo o traballo non valería para nada", explica Marta Prieto.

O Plan de prevención de incendios da Xunta para esta campaña prevé 244 queimas en toda Galicia, que se aproveitan tamén para a formación e adestramento dos equipos que interveñen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar