Cargando resultados...
Novas brigadas súmanse ao servizo de prevención de incendios en Ourense
Un investimento de dous millóns de euros permite incrementar de 16 a 22 os operativos
G24.gal
21/04/2026 13:59
22 brigadas súmanse ao operativo de prevención de incendios da provincia de Ourense nos próximos seis meses.
En virtude dun convenio que asinou este martes a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, co presidente da Deputación, Luis Menor, seis mancomunidades da provincia contarán co apoio destas brigadas, ás que destinan dous millóns de euros.
Realizarán labores de prevención, manual e mecanizada, vixilancia e defensa dos incendios.
"Se o ano pasado tiñamos 16 brigadas, este ano imos ter 22, para traballar na prevención, nas faixas secundarias...", sinala María José Gómez, conselleira de Medio Rural.