Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que ten de especial o pan galego?

Que ten de especial o pan galego?

Galicia celebra o Día do Pan cunha homenaxe á súa diversidade panadeira

G24.gal 16/10/2025 14:20 Última actualización 16/10/2025 14:29

Para moitos, o pan é un imprescindible na mesa. E raro é que a alguén non lle guste.

A riqueza do pan galego está na súa diversidade. Máis de cen variedes recollidas por Edu Lavandeira nun libro onde tamén se fala dun denominador común que é a hidratación que ten o pan, segundo Lavandeira a cantidade de auga que leva dentro, que fai que sexa moi abrandado, cunha textura especial que á vista tamén destaca por eses alvéolos tan grandes que o fan distinto con relación aos pans que hai no resto de España.

Dende o pan de Cea ata o de Carral, pasando polo de Neda. Cada vila ten o seu orgullo panadeiro. E cada galego a súa teoría sobre cal é mellor. Uns buscan que estea ben cocido, outros que sexa feito con masa nai, que teña sabor ou consistencia. Tamén se mira o proceso, como a calidade das fariñas que se usan.

Galicia é unha das comunidades que máis pan consome en España, con arredor de 80 gramos por persoa e día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade