Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puy, hospitalizado por 'síndrome coronaria aguda', tras abandonar o debate

Puy, hospitalizado por 'síndrome coronaria aguda', tras abandonar o debate

As últimas informacións sinalan que permanece na UCI con prognóstico favorable

Miguel Tellado tomou a palabra en nome do grupo popular na segunda intervención

O BNG e o PSdeG desexáronlle unha pronta mellora e que "todo quede nun susto"

Imaxe do escano de Pedro Puy, baleiro, logo de que fose trasladado a un centro hospitalario
G24.gal 12/05/2022 14:01 Última actualización 12/05/2022 17:43

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, foi trasladado ao hospital tras sufrir unha indisposición durante o debate de investidura de Alfonso Rueda no Parlamento de Galicia.

Puy sentiuse mal despois de realizar a súa intervención no debate, e cando xa tomara a palabra Rueda para a réplica. 

Para a contrarréplica do PPdeG foi o aínda secretario xeral do PPdeG e vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado, o que tomou a palabra en nome do grupo popular, véndose obrigado a improvisar o discurso. 

Na cámara galega vivíronse momentos de nerviosismo e preocupación cando o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, comunicou a indisposición de Puy.

Ingresou por unha síndrome coronaria aguda e permanece na UCI con prognóstico favorable, segundo o último parte médico.

Reaccións dos partidos políticos

A líder del BNG, Ana Pontón, foi a seguinte na quenda de palabra e desexoulle unha pronta recuperación e que todo quede "nun pequeno susto".

Tamén Tellado dedicou as súas primeiras palabras a Puy, ao que tamén desexou unha "rápida recuperación" sen que a cousa pase a maiores.

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, que xa fixera a súa intervención cando se fixo a comunicación, manifestou posteriormente nun chío o desexo de todo o grupo socialista dunha "pronta mellora" para Puy.

Publicidade
Publicidade
Publicidade