Putin chama os militares ucraínos a tomar o poder e derrocar o presidente Zelenski
O presidente ruso cualificou de "drogadictos e neonazis" os dirixentes ucraínos
Declaracións que fixo nunha xuntanza co Consello de Seguridade de Rusia
.jpg)
O presidente de Rusia, Vladímir Putin, instou os militares de Ucraína a tomar o poder e derrocar o presidente do país, Volo Zelenski.
Asegurou que con eles "será máis doado chegar a un acordo" para poñer fin á operación militar rusa, cualificando os mandos ucraínos do poder de "drogadictos e neonazis".
"¡Tomen o poder nas súas mans! Polo visto será máis doado chegar a un acordo que con esa banda de drogadictos e neonazis que asentaron en Kiev e que teñen secuestrado a todo o pobo ucraíno", dixo presidente ruso Vladimir Putin.
O mandatario ruso engadiu que non combate unidades do exército se non formacións nacionalistas que se comportan “como terroristas usando a civís como escudos humanos”.
Declaracións que fixo nunha xuntanza co Consello de Seguridade de Rusia adicado á operación militar. O Ministerio de Defensa de Rusia informou tamén de que as súas unidades militares xa bloquearon a capital ucraína desde o oeste.