Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moscova di que habería que "preparar minuciosamente" un encontro entre Putin e Zelenski

Moscova di que habería que "preparar minuciosamente" un encontro entre Putin e Zelenski

Europa analiza a reunión da Casa Branca por Ucraína e Rusia arrefría as altas expectativas

O presidente do Consello Europeo, António Costa, cre que a paz está máis cerca ca nunca

G24.gal 19/08/2025 21:35

Donald Trump difundiu un vídeo con aire épico para resumir o encontro deste luns na Casa Branca. 

"Hai que recoñecer o papel de Trump, como mediador ten un papel importante. Pero non se pode xestionar a paz en Ucraína sen contar con Zelenski", apuntou a ministra de Defensa, Margarita Robles

O propio Zelenski busca unha reunión con Putin nas dúas semanas vindeiras. Os líderes europeos reuníronse xa este martes por videoconferencia. António Costa cre que a paz está máis cerca ca nunca. 

"O presidente Trump transmitiu que, despois dun contacto co presidente Putin, había posibilidade dunha reunión bilateral entre o presidente Zelenski e o presidente Putin", subliñou o presidente do Consello Europeo 

Pero Moscova, con menos présa, di a través do seu ministro de Exteriores, Serguéi Lavrov, que habería que "prepararse minuciosamente" para semellante reunión.  

E Macron alberga, dixo, "grandes dúbidas" sobre a vontade de paz de Putin. Trump recoñeceu na Fox que é posible que o ruso non queira chegar a un acordo.

Europa sopesa aumentar a presión sobre Rusia, valora novas sancións. Con todo, naceu certo optimismo. A cita da Casa Branca saíu moito mellor ca a de febreiro. 

"Creo que tivemos unha moi boa conversa, presidente Trump. En realidade, a mellor conversa", celebrou Zelenski

"A mellor conversa" ata agora, e non só porque Zelenski acudira desta volta sen roupa militar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade