Publicador de contidos

Publicador de contidos

Punto final ás chamadas comerciais dende os teléfonos móbiles

Punto final ás chamadas comerciais dende os teléfonos móbiles

As chamadas con fins publicitarios terán que realizarse dende números con prefixo 800 ou 900

Os operadores deben bloquear as chamadas e os SMS de orixe internacional que simulan ter orixe nun número español

G24.gal 07/06/2025 14:56 Última actualización 07/06/2025 15:20

A partir deste sábado, 7 de xuño, entra en vigor a nova normativa pola que as chamadas con fins publicitarios van ter que realizarse dende números con prefixo 800 ou 900 e sempre con orixe nacional.

Ademais, as compañías xa non poden chamar dende números estranxeiros nin formalizar o peche dun contrato por teléfono.

Esta é unha das últimas medidas do plan do Goberno para loitar contra os intentos de estafa telefónica e suplantación de identidade, que contempla ata 2 millóns de euros de sanción para as operadoras que non colaboren.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade