Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puigdemont: "A amnistía non soluciona nada na relación entre España e Cataluña"

Puigdemont: "A amnistía non soluciona nada na relación entre España e Cataluña"

 O expresidente da Generalitat engadiu que "é un conflito histórico que corresponde resolver á política e non aos xuíces"

O líder de Junts compareceu desde Waterloo tras coñecerse o aval do Tribunal Constitucional á lei de amnistía

O Supremo levanta a orde de detención de Puigdemont, que xa pode volver a Cataluña

Carles Puigdemont na conferencia de prensa. Europa Press Carles Puigdemont na conferencia de prensa. Europa Press
G24.gal 06/10/2026 18:26 Última actualización 06/10/2026 19:25

O expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, asegurou este martes que o aval do Tribunal Constitucional á lei de amnistía "non soluciona nada" en termos da relación entre España e Cataluña.

 "É un conflito histórico que corresponde resolver á política e non aos xuíces", engadiu.

"A amnistía forma parte da fórmula para a resolución do conflito histórico existente entre Cataluña e España, pero non é en si mesma a súa solución e dixémolo desde o primeiro día", dixo Puigdemont.

"Acabouse a marxe para manipular e retorcer a aplicación dunha lei que está vixente desde hai dous anos e catro meses", espetou o líder de Junts.

Sinalou tamén Puigdemont que a decisión do Constitucional "derrota a estratexia dos diversos poderes públicos españois que impediron e demoraron" a aplicación da amnistía, o que atribuíu a razóns estritamente políticas.

"Ata aquí chegou a orde dada polo señor Aznar de poñer paus nas rodas. 'O que poida facer que faga' xa non dá para máis", subliñou Puigdemont, que lembrou que a amnistía é unha lei vixente desde hai dous anos e catro meses.

"A pesar de que o de hoxe é unha clara derrota dos poderes públicos españois que nos intentaron levar ante un tribunal, incluído o aínda primeiro ministro Pedro Sánchez, que se comprometeu publicamente, 9 anos de represión tiveron consecuencias en todos os planos", recoñeceu o expresidente catalán.

Puigdemont concretou que estas consecuencias foron privados e familiares, pero tamén sociais e políticas.

Considerou ademais que tivo consecuencias nos resultados electorais, e engadiu: "Negar esta evidencia e pretender que vivimos en normalidade, en reencontro e concordia, é mentir", en referencia ao que defendeu en campaña o presidente da Generalitat, Salvador Illa, e os socialistas.

Asegurou que tanto el como os exconsellers Toni Comín e Lluís Puig non marcharon a Bélxica para defender os intereses de partidos políticos, senón para defender as institucións e dereitos do pobo catalán.

"E volveremos do mesmo xeito", aínda que non detallou cando volverán.

O expresidente da Generalitat fixo estas declaración nunha comparecencia sen preguntas desde a localidade belga de Waterloo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade