Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e Sumar acordan reducir os voos cunha duración inferior a 2,5 horas e con alternativa ferroviaria

PSOE e Sumar acordan reducir os voos cunha duración inferior a 2,5 horas e con alternativa ferroviaria

É unha proposición non de lei coa que van instar o Goberno a cumprir o acordo

G24.gal 21/02/2024 20:24

O PSOE e Sumar chegaron a un acordo no Congreso para reducir os voos domésticos con alternativa ferroviaria cunha duración inferior a dúas horas e media e sempre que non estean conectados con aeroportos que enlacen con rutas internacionais.

Trátase dunha emenda transaccional que os socios de Goberno pactaron con motivo dunha proposición non de lei de Sumar. A modificación introducida rebaixa a duración deses voos curtos de tres a dúas horas e media, pero é máis directa porque elimina a necesidade de elaborar un informe do impacto desa redución de voos.

En concreto, os grupos parlamentarios de PSOE e Sumar instan o Goberno a "impulsar a redución dos voos domésticos onde exista unha alternativa ferroviaria cunha duración menor a 2,5 horas, salvo en casos de conexión con aeroportos-hub que enlacen con rutas internacionais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar