Proxecto dun colexio de Lugo para reducir a pegada ecolóxica
Seleccionados aos premios Ecoinnovación da Fundación Endesa
Evitan cada ano a emisión de 80.000 quilos de residuos
Coa sostilibidade como piar o colexio Fingoi de Lugo implica ao seu alumnado para reducir as emisións de CO2 e contribuír a mellorar o planeta.
Para consumir menos electricidade apostaron por sensores e cambiaron as antigas lámpadas por luces LED, tamén controlan o uso da auga tanto nos aseos coma no comedor poñendo bridas nos pulsadores.
Tamén están concienciados na importancia de ir andando ao centro e para os que non poden facelo organizan aos alumnos por barrios para que poidan compartir vehículo.
Á hora de coidar o medio ambiente os seus proxectos tampouco esqueceron a plantación de árbores autóctonas como os carballos.
O centro reduciu nuns 80.000 quilos anuais as súas emisións contaminantes e anima a outros centros educativos a aplicar este tipo de medidas.
A súa contribución para reducir a pegada ecolóxica é un dos cinco proxectos galegos seleccionados para os Premios Ecoinnovación.