Cargando resultados...
Protexerse do sol é o primeiro consello para combater o melanoma
Protexerse do sol é o primeiro consello para combater o melanoma
Os especialistas aconsellan no Día Mundial do Melanoma estar alerta sobre calquera cambio nun lunar ou vulto pigmentado da pel
G24.gal
22/05/2023 22:47
A primeira recomendación para previr o melanoma é protexerse do sol. E non abonda só con aplicar unha crema. Hai que facelo con xeito.
Desde a Dermofarmacia tamén se apunta a outras fórmulas que axudan a protexerse dos raios solares, como son os fotoprotectores orais.
En todo caso, convén estar atentos a calquera cambio nun lunar ou vulto pigmentado da pel. Podería tratarse do primeiro síntoma de melanoma. Neste 23 de maio día mundial da enfermidade lémbrannos a importancia dunha detección precoz para combatela.