Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protestas polas fochancas que rodean o Pazo dos Deportes de Lugo

Protestas polas fochancas que rodean o Pazo dos Deportes de Lugo

Son tan grandes que a xente fai bromas dicindo que semellan aparcadoiros subterráneos

G24.gal 04/04/2023 16:52

Veciños de Lugo denuncian as enormes fochancas na contorna do Pazo dos Deportes. Levan dous anos alí e miden uns seis metros cadrados.

Para facerse unha idea da dimensión e profundidade destas fochancas abonda con ver que unha delas fagocitou dous valos e que ben se poderían acomodar dentro do burato outros tres ou catro.

Ademais de impedir a utilización dunha das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida, as fochancas están sinaladas pesimamente, o cal supón un perigo enorme para os peóns e tamén para os coches que transitan pola zona do Pazo de Deportes, unha área onde hai moito tráfico cando se celebran competicións deportivas e tamén con moitos deportistas que acoden á zona adestrarse. En total, hai máis dunha vintena de fochancas.

Os usuarios da zona esixen que se reparen estas desfeitas, principalmente para evitar perigos. Ademais, aseguran que os buratos máis grandes xa levan así mesmo dous anos, o que corroboran unhas madeiras case fosilizadas e a vexetación que se apropiou dos buratos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar