Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aos condutores da provincia de Lugo preocúpalles pasar outro inverno salvando fochancas

Aos condutores da provincia de Lugo preocúpalles pasar outro inverno salvando fochancas

Na N-120 están listos 17 quilómetros dos 74 quilómetros en reparación. Na N-540, que vai de Lugo a Ourense, tamén alternan os treitos en bo estado cos que aínda están pendentes de arranxo

Os traballos de emerxencia custaron case 12 millóns de euros

 

G24.gal 13/10/2026 13:52

As máquinas pasaron o verán traballando sobre o asfalto, pero parece que aínda así haberá fochancas este inverno.

"Nunhas semanas co inverno volverán as fochancas porque fan as obras mal", di un condutor.

Foron reparacións de emerxencia, solucionouse a parte máis grave, pero non todo.

"Había buratos enormes na estrada", comenta un home.

Na N-120, no sur da provincia, unha das máis deterioradas, dos 74 quilómetros en reparación, 17 están listos, no resto conviven tramos non reparados cos que si, pero que están sen pintar, o mesmo acontece na N-540 a que vai de Lugo a Ourense.

"Si que a repararon pero queda moito por facer", asegura un veciño.

As fochancas volven saír porque as vías acumulan anos de pouco mantemento e moitos días de chuvia, uns 150 ao ano.

"Seguiremos soportando os fochancas, cortando as rodas", di un condutor.

Os traballos polo procedemento de emerxencia custaron na provincia case 12 millons de euros. As obras incluíron o fresado do firme e aplicar unha nova capa de rodadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade