Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poucos cogomelos no arranque da tempada

Poucos cogomelos no arranque da tempada

A falta de chuvia e as altas temperaturas atrasan unha campaña que, por agora, é escasa

Os expertos insisten en que cómpre extremar as precaucións á hora de saír ao monte coller cogomelos

G24.gal 13/10/2026 14:16

Tras as chuvia de finais de setembro comezan a agromar os primeiros cogomelos no monte. Unha presenza tardía e escasa, un outono máis, debido a falta de humidade e unhas temperaturas especialmente elevadas.

O divulgador micolóxico Alejandro Mínguez destaca que, ademais de poucos exemplares, as condicións meteorolóxicas afectan o seu aspecto, polo que é necesario ser aínda máis precavidos. Só debemos coller, insiste, aqueles cogomelos que sexamos quen de identificar correctamente polas súas características científicas. En caso de dúbida, deixalos ou consultar cun experto.

Tamén é importante seguir a normativa á hora de saír a recoller cogomelos. Levar navalla e cesta e non arrincar os exemplares máis pequenos, ademais de respectar o límite de dous quilos por persoa e día.

Medidas para garantir o futuro da riqueza micolóxica que agochan os nosos montes e que cada vez é máis escasa debido ao cambio climático e o abandono do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade