Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descobren dúas especies inéditas en Galicia nun estudo no Pazo de Mariñán

Descobren dúas especies inéditas en Galicia nun estudo no Pazo de Mariñán

O estudo realizado pola Federación Galega de Micoloxía achou no pazo coruñés tres especies de cogomelos, dúas delas nunca vistas o que reforza as medidas de conservación para protexer o histórico espazo

Especie de cogomelo inédita en Galicia encontrada no Pazo de Mariñán, en Bergondo (Imaxe da Deputación da Coruña) Especie de cogomelo inédita en Galicia encontrada no Pazo de Mariñán, en Bergondo (Imaxe da Deputación da Coruña)
G24.gal 21/01/2026 14:21

Un estudo realizado pola Federación Galega de Micoloxía constatou a existencia de dúas especies inéditas en Galicia, nun estudo promovido no Pazo de Mariñán, propiedade da Deputación da Coruña e situado no municipio de Bergondo.

Segundo traslada o ente provincial, a primeira saída de campo do estudo realizado pola Federación Galega de Micoloxía saldouse cun "gran descubrimento científico". Foi a localización de "tres especies de cogomelos de especial rareza, dúas delas inéditas ata o momento no catálogo galego: a Microglossum truncatum e a Glutinoglossum triseptatum".

"Este achado non só valida o interese científico do estudo, senón que reforza a necesidade das medidas de conservación que a institución provincial está a poñer en marcha para protexer o medio natural neste histórico espazo", indica a institución.

Esta análise no Pazo estenderase de xaneiro a decembro de 2026 e conta cun dobre obxectivo: científico e conservacionista. A identificación detallada das especies servirá de base para elaborar mapas de hábitats e materiais divulgativos que "sinalen as especies de valor e a prohibición expresa de recolección de cogomelos, así como de alteración do medio".

Noutra orde de cousas, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación de Persoas Adictadas e Familiares Adiante das Pontes, Roberto Fernández, asinaron un acordo de colaboración para o financiamento do proxecto de prevención familiar 'En familia, tod@s contan'.

A iniciativa está dirixida a familias en situación de vulnerabilidade fronte ao consumo de substancias adictivas.

Xa en materia de infraestruturas, a Deputación da Coruña adxudicou as obras de construción da nova ponte no punto quilométrico3+100 da estrada DP 8001 sobre o río Mandeo, no municipio de Sobrado dos Monxes, por 1.271.178,80 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade