Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malestar pola deterioración do firme na Costa da Tapia, en Cambre

Malestar pola deterioración do firme na Costa da Tapia, en Cambre

Denuncian que a estrada se converteu nunha xincana

Os codutores teñen que zigzaguear para evitar danos nos seus vehículos

G24.gal 23/04/2026 14:03 Última actualización 23/04/2026 14:22

Conducir pola Costa da Tapia, na parroquia cambresa do Temple, converteuse nunha auténtica xincana. "Está chea de fochancas e tes que ir esquivándoas". "Leva así tres ou catro meses".

Un problema que non só afecta á comodidade ao volante, senón que supón un risco para a seguridade viaria, sobre todo, para os que circulan sobre dúas rodas. "É que se metemos unha roda nunha fochanca, caemos. É un perigo".

A isto súmase a frustración polas reparacións temporais que, segundo contan, apenas aguantan unhas semanas antes de que o firme volva a deteriorarse. "Fan parches e, ao pouco, volvemos ás mesmas".

Por todo isto, cualifican esta estrada, que vai desde a Ponte do Burgo á Nacional Sexta, como incómoda, perigosa e tamén prexudicial para os seus vehículos. "É que deixas aí as rodas". "E os amortecedores". 

Todos amosan o seu malestar. Pero algúns tamén o seu optimismo. "Xa están amañando por aí abaixo, así que supoño que axiña chegarán aquí".

Conclúen con que o estado do asfalto non é só unha cuestión de confort, senón tamén un factor clave na seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar