Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protestas dos traballadores da automoción ante o desabastecemento que están a sufrir as empresas

Protestas dos traballadores da automoción ante o desabastecemento que están a sufrir as empresas

Os traballadores pídenlle ao Goberno que habilite mecanismos para activar os ERTE

Conseguiron o compromiso do Ministerio de Industria para convocar a mesa do automóbil

G24.gal 22/11/2021 15:06

Os traballadores do sector da automoción concentráronse este luns diante do Ministerio de Industria, para trasladarlle ao Goberno as sús reivindicacións, en plena crise polo desabastecemento que sofren esas empresas.

Pecharon un primeiro compromiso, a convocatoria da mesa do automóbil para analizar a situación. 

Un problema que afecta de forma moi directa a Galicia pola situación de Stellantis Vigo. Os traballadores do sector mobilízanse pola súa preocupación ante o desabastecemento que están a sufrir as empresas.

A falta de compoñentes necesarios para a fabricación dos coches está obrigando a moitas factorías a paralizar a produción. Os traballadores pídenlle ao Goberno que habilite mecanismos para activar os ERTE e outras medidas para que as empresas se comprometan a manter todos os postos de traballo. 

A máis longo prazo, e no marco da Unión Europea, urxen a creación dunha grande empresa europea de microchips para acabar coa dependencia dos países asiáticos. De momento, conseguiron o compromiso do Ministerio de Industria para convocar nos próximos días a mesa do automóbil con representación de todo o sector.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade